Festas libres de violencias sexistas

POR UNHAS FESTAS LIBRES DE VIOLENCIAS SEXISTAS. 
CANGAS EN PÉ POLA IGUALDADE, DIVERSIDADE E BO TRATO.


O sexismo engloba todos aqueles comportamentos e actitudes que promoven o trato desigual en función do sexo, perpetuando roles e características estereotipadas, e promovendo xeitos de interacción insáns, dependentes, violentas e desiguais.

A violencia sexista, é un dos problemas que debe afrontar o Concello, de aí a preocupación por desenvolver accións que permitan previr estas situacións mediante o impulso de campañas de prevención.

Concienciar á poboación da importancia de fomentar e educar en valores baseados no respecto, na igualdade, na diversidade, na liberdade e no bo trato tanto nos espazos privados como nos públicos é un obxectivo prioritario da Concellería de Igualdade. A violencia contra as mulleres é unha violación dos dereitos humanos e un atentado contra a liberdade e a dignidade das mesmas. É un grave problema político, social, cultural, educativo, de saúde, etc., polo que é necesaria a implicación de toda a cidadanía para garantir un tratamento igualitario entre mulleres e homes.

A Campaña que a área de Igualdade propuxo polas Festas do Cristo 2016 e 2017 é unha vía de sensibilización e de concienciación.

Descargas