Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. Planta baixa - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

medioambiente@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.


Recollida do lixo

Recollida de voluminosos

Sofás, aveños, mobles, electrodomésticos, colchóns, etc. Recóllense chamando ao servizo no número 900 725 425.

Restos vexetais

Non depositalos NUNCA no colector.

Opcións:

  • Utilizalos para facer compostaxe.
  • Queimalos, previa chamada para solicitar o permiso no 902 112 000.
  • Levalos ao punto limpo.

Colector amarelo de envases

Depositar botellas de plástico, briks, envases de plástico e cortiza branca para alimentación, produtos de aseo e limpeza, envases metálicos, bolsas e envoltorios de plástico e aluminio.

Non depositar xoguetes, luvas de goma, utensilios de cociña, biberóns, cubos de plástico, etc

* Esmaga os envases o máis posible para reducir o seu volume antes de depositalos no contedor

 

Colector azul de papel e cartón

Depositar xornais, revistas, propaganda, caixas pequenas de cartón (galletas, deterxentes, etc.), envases de cartón para ovos e bolsas de papel.

Non depositar bricks, cueiros, papel vexetal, papel sanitario e de cociña, cartón recuberto con substancias impermeables á humidade, papel sucio, engraxado ou contaminado con produtos químicos.

* Prégaos o máis posible antes de introducilos no colector e non deixes nada fóra.

 

Colector verde de restos

Todos os residuos orgánicos que se xeran na casa e os que non se especifican nos apartados anteriores.

Non depositar o residuo sen bolsa, nin restos de leiras e xardíns, entullos, táboas de pasar o ferro, aparellos eléctricos, aceites pinturas, medicamentos, etc.

 

 

Colector verde de vidro

Depositar botellas de vidro de calquera cor, tarros de vidro, cosmética ou perfumería e frascos de conservas.

Non depositar cristais planos ou de fiestras, louza, espellos, lámpadas, etc.

* Recorda retirar as tapas dos envases de vidro, pois estas van no colector amarelo.

 

Colector de pilas

Depositar só pilas.Nunca deben botarse no lixo común.

Colector de aceite usado

Depositar aceite de cociñar e de conservas.

Non botar nunca polo vertedoiro.

* Solicitude de bidóns para aceites vexetais usados, destinados a asociacións veciñais, comunidades de veciños/as ou establecementos, no teléfono 986 288 120.