Manual de Transparencia

Trala aprobación definitiva da ordenanza municipal de Transparencia e trala necesidade da veciñanza de saber como exercer o seu dereito e darlle aplicación á mesma, a Concellaría de Participación Veciñal, Transparencia e Asociacionismo levou a cabo a elaboración do Manual de Transparencia, onde intentar explicar á cidadanía, dun xeito máis doado e accesible, o contido da Ordenanza.
 
Este manual aborda temas como os obxectivos e trámites máis importantes que se contemplan, os medios e pasos a seguir coas solicitudes, os tempos e prazos de resposta, etc., facilitando deste xeito o uso da mesma.

Descargas