Datos de contacto

Rúa Real, 29 - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 392 171

xuventude@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:30.
Servizo de Ludoteca: de luns a xoves (en horario de tarde).


Certame de Cómic

O Certame de Cómic está dirixido a mozos artistas non profesionais de ata 35 anos, nas seguintes categorías:

  • CATEGORÍA A: de 18 a 35 anos
  • CATEGORÍA B: de 14 a 17 anos
  • VIÑETA XOVE: menores de 14 anos
Os traballos serán orixinais con textos en galego, de creación propia e inéditos, non debendo ter sido premiados en ningún outro certame ou concurso. Tema e técnica libre (cor ou branco e negro) en formato DIN A-4 (210 mm x 297 mm). A extensión será de 4 páxinas para as categorías A e B, e de 2 a 4 páxinas para o Premio Viñeta Xove.
 
Deste certame derívase a publicación da revista O TEBEO, na que se publican todos os cómics gañadores dende o 1º ata o 10º certame.

Descargas