Datos de contacto

Rúa Real, 29 - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 392 171

xuventude@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:30.
Servizo de Ludoteca: de luns a xoves (en horario de tarde).


Programa de Garantía Xuvenil

O Programa de Garantía Xuvenil en Galicia enmárcase dentro da Estratexia de Emprendemento e Emprego Xove que ten como obxectivo articular unha resposta á situación laboral na que se atopan a maioría da mocidade en Galicia.

Obxectivo

A garantía xuvenil ten como obxectivo que os/as mozos/as de entre 16 e 29 anos que non estean cursando estudos, formación ocupacional ou non teñan emprego, poidan recibir unha oferta de emprego, educación ou formación tras rematar os seus estudos ou quedar desempregados/as.

Medidas

Están divididas en catro eixos:

  1. Mellora da intermediación.
  2. Mellora da empregabilidade.
  3. Estímulos á contratación.
  4. Fomento do emprendemento.

 Requisitos das persoas solicitantes

  • Ter nacionalidade española ou ser cidadán da Unión Europea.
  • Tamén poden inscribirse os estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
  • Estar empadroado/a en calquera localidade do territorio nacional español.
  • Ter máis de 16 anos e menos de 25 anos, ou menos de 30 anos no caso de persoas cun grado de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, no momento de solicitar a inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ou ter máis de 25 e menos de 30 anos cando, no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a taxa de desemprego deste colectivo sexa igual ou superior ao 20%, segundo a enquisa de poboación activa correspondente ao derradeiro trimestre do ano.
  • Non ter traballado no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
  • Non ter recibido accións educativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
  • Non ter recibido accións formativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
  • Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema de Garantía Xuvenil.

Inscricións

As persoas mozas que desexen obter axuda e inscribirse no Sistema de Garantía Xuvenil poden acudir á Casa da Xuventude de Cangas (R/Real 29) onde se lles vai informar sobre diferentes aspectos da Garantía Xuvenil e axudar a cumprimentar a solicitude de inscrición.

Ligazóns