Datos de contacto

Rúa Real, 29 - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 392 166

deportes@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:30 a 14:30 horas.


Gala do Deporte

A Gala do Deporte de Cangas ten como obxectivo primordial premiar a labor e o traballo dos/as mellores deportistas, homes e mulleres, en función dos seus éxitos deportivos acadados ao longo do ano ou tempada, así como facer un recoñecemento en diferentes apartados do deporte da nosa vila divididos nas
seguintes modalidades:

  1. Mellor deportista cangués por modalidade deportiva.
  2. Recoñecemento a unha empresa pola súa axuda o deporte cangués.
  3. Recoñecemento a unha persoa polo seu traballo co deporte de Cangas.
  4. Mellor club.
  5. Recoñecemento a unha persoa/entidade pola promoción do deporte popular e tradicional.
  6. Recoñecemento a un deportista cangués non en activo.
  7. Mellor adestrador.
  8. Mellor promesa feminina.
  9. Mellor promesa masculina.
  10. Premio DAVID CAL a proxección dos valores deportivos e culturais de Galicia.
  11. Mellor deportista feminina.
  12. Mellor deportista masculino.

Descargas