Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Exposición "Mujeres en vanguardia"

O IES PLURILINGÜE A PARALAIA de Moaña e, en concreto, o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, no marco da II SEMANA DA MULLER trae a exposición MUJERES EN VANGUARDIA, da Residencia de Estudiantes de Madrid e de Acción Cultural Española.

É unha exposición única sobre as MULLERES LIGADAS Á XERACIÓN DO 27, aínda inxustamente descoñecidas a maior parte delas. Mulleres que no seu día contribuíron extraordinariamente á cultura e á arte, como á literatura do momento, agora apenas reciben unha mínima mención nos libros de texto escolares, ou ningunha. Por iso esta exposición é dunha grande relevancia para a memoria da nosa sociedade. Aparte de percorrer algunhas cidades españolas, en Galicia só estivo para a Fundación Curros Enríquez de Celanova a finales do verán.

É todo un acontecemento que veña de novo a Galicia e é esta a única sede prevista. Agradecemos ó Concello de Cangas a cesión do recibidor do Auditorio Municipal, xa que a altura notable dos monolitos que compoñen a exposición, fai que a súa ubicación sexa particular. Dende o primeiro contacto con este Concello, a alcaldía mostrouse receptiva e interesada e facilitou que esta exposición puidese vir á nosa comarca.
Esperamos que as visitas de centros educativos sexan abundantes durante estas dúas semanas que estará aberta.

Poderase visitar de martes a sábado no seguinte horario: de 10:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:30 horas.

Pódense comunicar as visitas de grupos escolares no teléfono do Auditorio: 986 304 108.