Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Partillando saberes. Aula para pais e nais.

O programa "Partillando Saberes. Aula para pais e nais" son unhas xornadas que organiza a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e no que colaboran a Deputación de Pontevedra, o Concello de Cangas, Concello de Lalín e Concello de Barro.

Trátase dunha iniciativa que se levará a cabo nos tres concellos para fomentar na provincia a importancia da implicación da familia, xunto a escola, no proceso educativo.

En Cangas desenvolveranse tres xornadas:

- Dáme letras e farei maxia, por Ledicia Costas. O xoves 8 de novembro ás 18:00 horas.

- O patrimonio como motor de aprendizaxe [como compartir e construir relatos en común], por Paula Cabaleiro. O xoves 15 de novembro ás 18:00 horas.

- "Mobilidaz@s": convivir con internet na familia, por Jorge Castro Ruso. O xoves 22 ás 18:00 horas.

 

Pais, nais, avós e avoas, animádevos a participar!