Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


XIX Xornadas de Educación para a Saúde

Programa:

Martes 13, ás 20.00h., Centro Social de Coiro.
Escribir a vida. Descubrindo o potencial da escritura persoal.
Marisé Barreiro. Filóloga, escritora especializada en escritura expresiva.
É un obradoiro para descubrir o potencial da escritura persoal e autobiográfica e sentar as bases dunha práctica individual. Tráete o teu caderno favorito!

Mércores 14,ás 19.00h., Casa do Mar de Aldán.
Conciencia corporal a través da música e a meditación.
José Ramón Resille Pastoriza. Titulado superior en música.

Utilizaremos a música como catalizador e mediante a práctica da atención plena e de diferentes técnicas de respiración moi sinxelas aprenderemos a xestionar o estrés e a vivir con plenitude. 
Traer roupa cómoda, manta ou esterilla e un coxín.

Venres 16, ás 18.30H., Escola vella de Hío.
Ximnasia abdominal hipopresiva.
Sandra Malvido Malvido. Titulada no método hipopresivo.

As vantaxes da hipopresiva son melloras ante a incontinencia urinaria, prolapsos, diastasis adominal, dores de espalda, mellora da postura e o equilibrio e mellora da función respiratoria.
Necesítase esterilla e uns calcetíns gordos si precisas, porque a actividade faise descalza.

Martes 20, ás 19.30h., Auditorio Municipal.
Creatividade e movemento libre.
Maite Campos. Pedagoga. Especialista en técnicas corporais.

É un tempo para escoitar o noso corpo e ter un contacto pracenteiro con el. Para reencontrarnos cos nosos movementos orgánicos. Para que o corpo fale.
Traer roupa cómoda e uns calcetíns que non queira estar descalza.

Venres 23, ás 19.00h., Auditorio Municipal.
Un contacto co ioga. 
Ismael Ventosinos. Profesor de ioga.

É un obradoiro para facer unha aproximación ao ioga.

As persoas interesadas deberán inscribirse no Centro Municipal de Benestar Social ata un día antes de cada obradoiro en horario de 9:00 a 14:30h. Rúa Andalucía nº3, baixo, Edificio Xoia. 
Tfno.: 986392266/986392268.