Datos de contacto

Avenida de Lugo, 27 - 36949 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 30 41 58

ensino@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.


Escola Municipal de Música Inocentes Camaño


 Avda. de Lugo, 27. 36949 - Cangas
Email
 986 304 158


Horario

Horario escolar: de luns a venres de 16:00 a 22:00.

Datas de inscrición e matrícula:

  • Na última semana do mes de xuño e na primeira do mes de xullo o alumnado do centro renova a súa matrícula e fanse as solicitudes para o alumnado de novo ingreso.
  • No mes de setembro realízase o sorteo das prazas do alumnado de novo ingreso e formalízase a matrícula para eles.

Nº de profesores: O centro conta con 11 profesores das distintas especialidades impartidas.

Departamentos: Música e Movemento (para alumnado de 4 a 7 anos), linguaxe musical, coro e instrumentos (piano, guitarra, violín, viola, violonchelo, clarinete, saxofón, percusión, trompeta, trompa, trombón e tuba).

Niveis educativos: O alumnado de Música e Movemento repártese en catro grupos por idades (4, 5, 6 e 7 anos) e o alumnado de linguaxe musical distribúese en nivel inicio, básico 1, básico 2, intermedio e avanzado.

Instalacións: As dependencias do conservatorio repártense en catro plantas dentro do edificio do Auditorio Municipal.

Actividades escolares: Organízanse dous grandes concertos durante o curso (Nadal e Fin de Curso), así como audicións organizadas polos distintos departamentos.

Actividades extraescolares: Colabórase con concertos benéficos e actos organizados pola comunidade educativa, municipal, certames corais, etc.

Proxectos educativos:

  • PROC. Proxecto Orquestral do Centro que cada ano organiza un concerto e a gravación do seu correspondente disco.
  • CONTO MUSICAL. Cada ano ponse en escena un conto musicado coa participación de todas as especialidades instrumentais do centro.
Servizos complementarios: Organízanse diferentes actividades polos distintos departamentos: clases de música étnica, folc, etc.