Datos de contacto

Avenida de Lugo, 27 - 36949 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 30 41 58

cultura@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.


Auditorio Municipal


 Avda. de Lugo, 27. 36940 - Cangas

Email
 986 304 108


Horario de atención ao público: de martes a venres de 9:30 a 15:00. 

Este espazo cultural inaugurouse o 18 de outubro de 2001, converténdose desde a súa apertura, no elemento dinamizador e escenario por excelencia da actividade cultural do municipio. Ten unha gran repercusión sobre os concellos limítrofes,Moaña e Bueu, o que supón unha area de influencia de máis de 60.000 persoas, incluíndo os 25.000 habitantes do Concello de Cangas.
 
O edificio, deseñado polo arquitecto Alfredo Freixedo, é unha construción moderna cunha capacidade e características técnicas á altura dos auditorios máis emblemáticos de Galicia.

O volume da construción organízase en dous contedores de escala ben diferenciada; o menor que se interpón entre a sala e a rúa acolle as oficinas de xestión administrativa do propio auditorio e as aulas do Conservatorio Profesional de Música de Cangas compartidas coa Escola Municipal de Música “Mestre Inocentes Camaño”. O contedor maior acolle o auditorio propiamente dito e as dependencias estreitamente relacionadas con el. Conta cun gran vestíbulo principal en dobre altura, percorrido por dúas grandes escaleiras de acceso ás distintas entradas das bancadas do anfiteatro. Dispón de almacéns, oficinas administrativas, catro camerinos, dous deles de grandes dimensións, unha magnífica sala de representacións e unha sala de exposicións.

Sala - Teatro

O auditorio dispón dunha gran sala de representación con cabida para 690 espectadores. Ten 402 butacas en platea distribuídas en 13 filas de 32 butacas cada unha, o que se traduce nunha proximidade idónea entre público e a escena. O anfiteatro e os palcos teñen un total de 288 butacas.
O escenario é de 17 x 17 metros de embocadura, 9 metros de fondo e 16 metros de altura. Conta coa súa tremoia correspondente, consistente nunha cámara negra formada por patas a ambos laterais, bambolinas e foro.

A capacidade da sala, unido ás dimensións do escenario e á excelente acústica, fan do conxunto un lugar privilexiado para deleite dos amantes das artes escénicas.