Datos de contacto

Avenida de Lugo, 27 - 36949 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 30 41 58

cultura@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.


Biblioteca Municipal


 Praza San Xoán, 10. 36940 - Cangas
Web
Email
 986 304 126


Horario

Horario de inverno:

  • De luns a venres de 8:30 a 21:30.
  • Sábados de 10:00 a 13:00.
Horario de verán:
  • De luns a venres de 9:00 a 21:00.

O Concello de Cangas, co obxectivo de facilitar o acceso á cultura e á información en condicións de igualdade a toda a cidadanía, inaugurou en 1989 a Biblioteca Pública Municipal de Cangas, situada nun edificio construído para tal fin a carón da Praia de Rodeira, coñecido popularmente como a "Casa da Cultura de Cangas". Anos máis tarde, e co fin de descentralizar o servizo e estender os beneficios do mesmo a todo o ámbito xeográfico do municipio, creáronse bibliotecas nas parroquias de Aldán, Coiro, Darbo e O Hío, todas elas inscritas na rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Servizos

  • Información e formación ás persoas usuarias, tramitación de carnés de persoa socia e información bibliográfica.
  • Préstamo de libros e audiovisuais. Co carné de persoa socia podes levar ata tres préstamos de libros e/ou audiovisuais. O prazo de devolución é de 15 días, coa posibilidade de renovar os libros.
  • Reserva de libros. Se desexas reservar algún dos exemplares da Biblioteca poderás facelo na propia biblioteca, telefonicamente no 986 304 550, no correo electrónico biblioteca@cangas.gal ou online a través do seguinte formulario. En todo caso deberás indicar o nº de carné, o nº de rexistro e o título da obra. Unha vez que o persoal da biblioteca contacte contigo terás un prazo de 48 horas para recoller a reserva.
  • Renovación de préstamos. Ademais de na propia biblioteca, agora podes renovar por teléfono indicando nome, nº de carné de lector e nº de rexistro do libro. Para facer a renovación o préstamo do libro non pode estar xa vencido. Tamén pode realizarse online
  • Ordenadores fixos con conexión a internet, impresora e escáner: Para conectarte só necesitas o teu carné e un usuario e contrasinal. Tes unha conexión ao día de ata hora e media.
  • Conexión wifi en todo o edificio: Tes unha conexión ao día de ata hora e media. Para crear o teu usuario e contrasinal non tes máis ca seguir os pasos do sistema ou consultar co noso persoal.
  • Zona de estudo: zonas de silencio para o estudo.
  • Servizo de reprografía (fotocopias): para fotocopias puntuais ou algunha páxina dos fondos da biblioteca que non se emprestan.

Como facerte socio/a

  1. Cubrir o impreso de solicitude.
  2. Dúas fotografías tamaño carné orixinais (non fotocopias).
  3. Ensinar o DNI, NIE ou Pasaporte orixinal (non é preciso aportar fotocopia).

Solicitude de Visita Guiada

A Biblioteca Central de Cangas organiza visitas didácticas para os centros escolares do municipio, así coma para calquera tipo de colectivo que o solicite.

Nestas visitas, mostramos os nosos servizos e instalacións, acompañadas dalgún tipo de actividade que sirva como iniciación dos visitantes ao uso das bibliotecas.

As visitas realizaranse preferiblemente en horario de mañá, de luns a venres, entre as 09:30h e as 11:30h, para evitar molestar ao resto de usuarios do centro.

Se desexades organizar unha visita concertada, poñédevos en contacto coa dirección do noso centro en horario de mañá (de 9.00 a 15:00h) no teléfono 986 30 41 26 ou 986 30 45 50, a través do correo electrónico biblioteca@cangas.gal ou no seguinte formulario de solicitude de visita guiada online.

Descargas