Datos de contacto

Avenida de Lugo, 27 - 36949 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 30 41 58

ensino@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.


Conservatorio Profesional de Música


 Avda. de Lugo, 27. 36949 - Cangas

Email
 986 304 158


Horario

Horario escolar: de luns a venres de 16:00 a 22:00.

Datas de inscrición e matrícula:

  • Na segunda quincena do mes de xuño teñen lugar as probas de acceso ao primeiro curso de grao elemental (para alumnado sen coñecementos previos cunha idade comprendida entre os 8 e os 14 anos), e de grao profesional (alumnado con coñecementos previos). As probas de acceso a outros cursos, tanto de grao elemental como profesional, realízanse no mes de setembro.
  • A matrícula para o alumnado do centro faise normalmente na última semana de xuño e a primeira de xullo.

Nº de profesores: O centro conta con 11 profesores das distintas especialidades impartidas.

Departamentos: Impártense leccións das seguintes especialidades: piano, guitarra, violín, viola, violonchelo, vento madeira (clarinete e saxofón), percusión e vento metal (trompeta, trompa, trombón e tuba).

Niveis educativos: No centro impártense clases de grao elemental e grao profesional de música.

Instalacións: As dependencias do conservatorio repártense en catro plantas dentro do edificio do Auditorio Municipal.

Actividades escolares: Organízanse dous grandes concertos durante o curso (Nadal e Fin de Curso), así como audicións organizadas polos distintos departamentos.

Actividades extraescolares: Colabórase con concertos benéficos e actos organizados pola comunidade educativa, municipal, etc.

Proxectos educativos:

  • PROC. Proxecto Orquestral do Centro que cada ano organiza un concerto e a gravación do seu correspondente disco.
  • CONTO MUSICAL. Cada ano ponse en escena un conto musicado coa participación de todas as especialidades instrumentais do centro.
 
Servizos complementarios: Organízanse diferentes actividades polos distintos departamentos: clases de música étnica, folk, etc.