Datos de contacto

Eirado do Sinal, 5 2º Andar. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 301 371

dlocal@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Blog / Facebook


Cursos e formación

Accións formativas para desempregados (AFD)

Programación anual de accións formativas que teñen por obxecto a cualificación profesional dos traballadores e traballadoras en situación de desemprego.

Obradoiro de emprego (OE)

Realízación de obras ou servizos de utilidade pública ou de interese social que posibilitan as persoas traballadoras participantes a realización dun traballo efectivo relacionado.

Programa integrado de emprego (PIE)

Dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego e contemplan a posta en marcha de plans integrais.

Formación contínua de empregados públicos

Ampliación de coñecementos e especialización do persoal ao servizo da Administración Pública a través de  accións formativas específicas.

Xornadas formativas de promoción da economía social

Realización de cursos, charlas e seminarios para empresarios/as, traballadores/as e persoas desempregadas.

Programa Cidade Ciencia

Proxecto de divulgación científica co obxectivo de achegar a toda a veciñanza a actualidade científica e tecnolóxica mediante actividades, exposicións, conferencias ...