" /> "/>

Datos de contacto

Rúa Real, 29 - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 392 171

xuventude@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:30.
Servizo de Ludoteca: de luns a xoves (en horario de tarde).


Correspondentes 3.0

Correspondentes 3.0. é un programa da Dirección Xeral de Xuventude (DXX), Participación e Voluntariado, que  pretende contar con alumnos/as que actúen como "antenas informativas" en cada centro seleccionado, responsabilizándose de recoller e xestionar a información en materia de xuventude que se lles envíe desde a DXX e desde as OMIXs,  e difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal coordinador de información xuvenil, o persoal das OMIXs e co profesorado participante no programa.

Os correspondentes xuvenís son mozos ou mozas, estudantes de segundo ciclo da ESO, bacharelato ou ciclos medios e superiores de formación profesional que, mediante unha formación previa e apoiados/as polo profesorado participante, encargaranse de informar aos demais compañeiros/as das convocatorias, carnés xuvenís, recursos e actividades que poidan ser do seu interese.

A OMIX do Concello de Cangas en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude (DXX) iniciou este programa en xaneiro do 2015, acadando a participación de 17 Correspondentes de diferentes centros de Ensino.

Durante o curso 2015-2016 contamos con 43 participantes e durante este curso 2016-2017 xa contamos con 53.

Descargas