Datos de contacto

Edificio Administrativo. Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

urbanismo@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.


Consello sectorial de urbanismo

O Concello de Cangas promove a través do Consello Sectorial de Urbanismo a implicación e a participación de toda a cidadanía representada polas Asociacións Veciñais, Xuntas de Montes en Man Común, Asociacións Medioambientais, Confrarías, Técnicos, Entidades Culturais, Deportivas e Locais ou calquera colectivo interesado en ter presenza e representación do neste Consello. Partimos no ámbito local do reflectido ao Capítulo IV do Título V da Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, o cal establece que corresponde ás Corporacións Locais facilitar a mellor e máis ampla información respecto da súa actividade, así como a participación de toda a cidadanía na vida local, a pesar de que esta participación non poderá minguar as facultades de decisión dos órganos representativos que establece a propia Lei.

Así, defínese no Concello de Cangas que o seu funcionamento interno potencie a participación activa dos diferentes axentes do ámbito social, cultural e outros, mediante a creación e posta en funcionamento do Consello Sectorial de Urbanismo

Esta idea de participación cidadá activa é a que constitúe a base da creación e posta en marcha deste Consello Sectorial de Urbanismo do municipio de Cangas.

O Consello está compuesto por los siguientes órganos:

A Presidencia, a Vicepresidencia, o Pleno e os Grupos ou Comisións de traballo.

O Pleno está intregado por:

  1. Presidente
  2. Vicepresidente
  3. Secretaria
  4. Vogalías:
    • Un ou unha representante por cada un dos grupos políticos que forman parte da corporación (sen que supere o 50% dos membros do Consello). Estes representantes poderán ser asistidos polos técnicos. No computará a estes efectos os cargos de presidente e vicepresidente
    • Un ou unha representante designado entre os colexios profesionais relacionados con este ámbito (arquitectos, arquitectos técnicos, enxeñeiros, enxeñeiros industriais…)
    • Representantes das asociacións relacionadas con estas materias inscritas no Rexistro municipal de Asociacións (consumidores, ecoloxistas…).