Datos de contacto

Rúa Real, 29 - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 392 171

xuventude@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:30.
Servizo de Ludoteca: de luns a xoves (en horario de tarde).


Certames

Certame de Cómic

Dirixido a mozos artistas non profesionais de ata 35 anos. Os traballos, de tema e técnica libre (cor ou branco e negro), serán orixinais con textos en galego, de creación propia e inéditos. Deste certame derívase a publicación da revista O TEBEO.

Certame de Cartas de Amor

Dividido por idade en dúas categorías:  menores de 16 anos e a partir de 17 anos. A extensión máxima dos traballos presentados será de dous folios mecanografados a dobre espazo e co texto en galego.

Musicangas

Certame de maquetas de grupos noveis de música independente de calquera estilo. Os traballos presentados constarán  dun mínimo de dous temas de composición propia e duración máxima de 15 minutos.