Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. Planta baixa - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

medioambiente@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.


Campañas

Naturalmente Cangas

Proxecto co obxectivo de informar e sensibilizar á veciñanza sobre a importancia do coidado e conservación do entorno, que conta con diversas campañas divulgativas e accións concretas nas que colaboran deferentes concellarías, colectivos e organismos supramunicipais.

Morrazo Residuo Mínimo

Programa de educación ambiental para a redución e mellora da xestión de residuos na comarca do Morrazo no que participan os concellos de Bueu, Cangas e Moaña e a Organización ecoloxista Amigos da Terra.

Sendeiro Azul de Donón

O sendeiro azul que percorre a Costa da Vela durante uns 11 km permítenos visitar xacementos arqueolóxicos, antigos muíños e hórreos, os faros de Punta Subrido, Punta Robaleira e Cabo Home, a praia de Melide, e mesmo contemplar as Illas Cíes dende o punto da terra máis preto a elas.