Campañas

Cangas en negro

Iniciativa co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres a través da acción de tinguir de negro a cidade a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo, etc.

Festas libres de violencias sexistas

Campaña de prevención a través de accións que permitan previr a violencia sexista fomentando a educación en valores baseados no respecto, na igualdade, na diversidade, na liberdade e no bo trato.

Punto libre de violencias sexistas

Campaña de sensibilización e concienciación para que homes e mulleres poidan empregar e gozar dos espazos públicos en condicións de igualdade e de respecto mutuo.