Datos de contacto

Rúa Real, 29 - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 392 171

xuventude@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:30.
Servizo de Ludoteca: de luns a xoves (en horario de tarde).


Campamentos

ENREDOS DE VERÁN 2017 

Programa lúdico-educativo que se desenvolve durante o verán no Concello de Cangas, en concreto nos centros educativos destinados para tal fin.
 
Inclúe a programación e desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes náuticos, aire libre, xogos, actividades artísticas e todas aquelas encamiñadas a acadar un desenvolvemento persoal e social que favoreza tanto a comunicación como o dinamismo multicultural dos nenos e nenas que participarán nos campamentos do programa.
 
Os obxectivos do proxecto deben ter unha orientación á consecución de hábitos de vida saudable, fomentar actitudes solidarias e de convivencia, promover a educación e igualdade de xénero e respectar o medio ambiente.

As actividades realizaranse en dous grupos diferentes:

  • Casco urbano: nos centros de referencia, CEIP Nazaret e IES Rodeira.
  • Na parroquia de Aldán: nos centros de referencia CEIP Espiñeira e Colexio Sagrada Familia de Aldán.

Este campamento está destinado a nenos/as escolarizados, con idades incluídas entre os 3 e 12 anos.

COMO INSCRIBIRSE NAS ACTIVIDADES:

As persoas interesadas en inscribir aos nenos e nenas nas actividades terán que:

  • Cubrir o formulario de solicitude e presentalo na Casa da Xuventude
  • Unha vez presentado o formulario procederase a expedición da taxa a efectuar.
  • Presentar o recibo do pago novamente na casa da Xuventude. 

ACCIÓN VERÁN. Campamentos da Xunta de Galicia

A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de verán 2017.

Así mesmo, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, na presente Campaña de verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.

A Campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

Máis información sobre o campamento ACCIÓN VERÁN.

DEPO AVENTURA. Campamentos da Deputación de Pontevedra

A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa "Depo Aventura”.

Este programa ofrece a posibilidade de que 2.200 nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual.

Máis información sobre o campamento DEPO AVENTURA

Descargas