Servizo de Atención Temperá


 Edificio Xoia. Rúa Andalucía, 3 - baixo.. 36940 - Cangas
Email
 986 392 266


O funcionamento deste servizo leva dende o ano 1999 dando apoio as familias con nenos/as con dificultades no desenvolvemento e/ou en situación de risco. 

Actualmente esta operación está cofinanciada pola Unión Europea Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

Obxectivo temático 9: "Promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera tipo de discriminación". O FSE inviste no teu futuro.

Con este servizo de Atención Temperá se consegue que os nenos/as de 0 a 6 anos melloren o seu desenvolvemento persoal e a súa inclusión social.

Acceso ao servizo

As persoas solicitantes poderán recoller a solicitude no Centro de Servizos Sociais, e entregalo no Rexistro de Entrada do Concello, e, seguindo o modelo de actuación da Rede Galega de Atención Temperá, deberán presentar unha derivación dos servizos de saúde ou haber iniciado o proceso de avaliación do seu desenvolvemento.

Os horarios para concertar unha reunión e poder obter máis información do servizo son os martes e xoves de 14.30 a 15.30 no propio centro.

Definición e características

Este servizo ten por obxectivo apoiar o desenvolvemento infantil e a inclusión sociofamiliar dos nenos e nenas de 0 a 6 anos que o precisen, mediante a realización de intervencións preventivas e asistenciais de atención temperá dirixidas ao propio neno ou nena, á súa familia e a súa contorna.

O servizo, na actualidade, está formado por un equipo multidisciplinar con formación en desenvolvemento infantil e apoio familiar que cobren as áreas propias do Servizo de Atención Temperá; unha Pedagoga, unha Fisioterapeuta Pediátrica e unha Mestra en Audición e Linguaxe.

As accións que se levan a cabo son: intervencións individuais e en pequenos grupos, a prevención (charlas, obradoiros de pais/nais, orientacións e pautas no desenvolvemento nos primeiros anos de vida) e a coordinación (cos diferentes servizos aos que acoden os/as nenos/as).

As intervencións desenvólvense en varias localizacións: nas dependencias de servizos sociais, nos domicilios particulares (no caso da abordaxe centrado en familia) e na piscina municipal A balea no caso da terapia acuática.