Ir o contido principal

IBUPROFENO TEATRO: O MEL NON CADUCA

mel
Horario

ás 21:00 h.

IBUPROFENO TEATRO presenta: O MEL NON CADUCA

É un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas. Un espectáculo de aproximadamente 80 minutos de duración para público adulto, cunha sorprendente dimensión plástica e sonora, creado a partir do universo das abellas e do mel.

Dous científicos/apicultores, en 2173, levan a cabo sofisticados e absurdos experimentos, nun contexto de futuro distópico no que o planeta está arrasado. Tratan de crear sinteticamente unha abella a partir do último tarro de mel que se conserva na historia. Constrúen unha árbore no seu laboratorio para tratar de recuperar os ciclos naturais, que se perderon hai tempo.

Dous irmáns volven á casa familiar na aldea pola morte da súa nai. O conflito aflora cando deben xestionar as pertenzas familiares. O irmán máis vello opta por vendelo todo. A rapaza, máis nova, entra nunha crise vital porque se debate entre a súa acomodada vida nunha cidade afastada e a nostalxia que lle produce volver entrar en contacto cos obxectos e os recordos que marcan a súa historia vital.

Estas dúas tramas compleméntanse con outros textos (monólogos e diálogos) e con escenas xestuais e de movemento escénico en relación coa versatilidade do espazo escénico, composto por colmeas e outro material de apicultura. O MEL NON CADUCA ten forma de collage en todos os sentidos: temático, estético e na linguaxe.

É unha mestura de claves, un espectáculo moi aberto que toma elementos do teatro xestual, da imaxe, da instalación, do clown, da narración, do realismo, do texto contemporáneo, que vai saltando do máis poético ao máis cru, do realismo ao onírico. E todo en clave cómica, empregando a ironía e o humor, en múltiples e diferentes formas. Non o humor fácil e condescendente co público, senón un humor reflexivo, crítico, con toques surrealistas, con reminiscencias do universo dos clowns.

O MEL NON CADUCA

En escena
MARIÁN BAÑOBRE E AVELINO GONZÁLEZ
Texto e dirección
SANTIAGO CORTEGOSO
Movemento escénico e axudante de dirección
CARMELA BUENO
Espazo escénico e imaxe
DIEGO SEIXO
Deseño de iluminación
SALVADOR DEL RÍO
Vestiario
MARIÁN BAÑOBRE e BETY BUSTO
Espazo sonoro
DAVIDE GONZÁLEZ
Técnico de luz e son
HÉCTOR PAZOS
Cobertura técnica
NINGURES PRODUCIÓN
Vídeo
JOSÉ V. ESTONLLO
Maquillaxe e peiteado
BAIA FERNÁNDEZ
Comunicación e produción
FÁTIMA R. VARELA

Venda de localidades:
Anticipada: ataquilla.com
Auditorio, 2 horas antes
Prezo: 5 euros.