Quero saudar aos veciños e veciñas de Cangas e expresarvos a enorme satisfacción que teño de poder presidir como Alcaldesa esta vila. Quero tamén transmitir, a través destas breves liñas , a enorme responsabilidade que asumo con verdadeira vocación e con ánimo de non defraudarvos, continuando con paso firme para situar a nosa vila como referente na comarca.
Tamén dou a benvida a todas aquelas persoas que nos visitan.
É a miña vontade a de actuar en aras do interese xeral para mellorar a vida da nosa veciñanza. Intentaremos, a través desta ferramenta dixital, informar dos aspectos máis importantes do noso Concello, e achegar de forma fácil, os servizos que prestamos. Afondaremos na participación veciñal como pilar fundamental para avanzar cara a un futuro máis próspero.
Tamén desexo que esta páxina web sexa unha forma de ofrecernos ao exterior, como unha fiestra aberta cara o mundo, na que poder compartir cos nosos/as visitantes a nosa historia, a nosa cultura, gastronomía e patrimonio, que amose o noso pasado e o noso presente que fai de Cangas un pobo pesqueiro digno de ser desfrutado.
Benvid@s,
Victoria Portas Mariño
Alcaldesa-Presidenta de Cangas do Morrazo.