Ir o contido principal

Presentación OMV

Horario

 

Atención ao público:

Luns- venres 

9.00 a 14.00

 

Quen somos

A Oficina Municipal de Voluntariado de Cangas nace coa vocación de ofertar ás persoas voluntarias a posibilidade de satisfacer as súas inquedanzas. Actualmente é  un punto de información e orientación para voluntariado e asociacións, que garante a participación e coordinación das persoas que colaboran nos programas ou eventos organizados desde as distintas áreas municipais ou asociacións locais.

 

A quen vai dirixida

A tódalas persoas con inquedanzas voluntarias que queiran colaborar en proxectos de interese social.

 

Con quen colabora

A Oficina de Voluntariado colabora con asociacións locais e con outros departamentos municipais.

 

Poboación destinataria segundo segmento de idade

  • Infantil
  • Xuvenil
  • Adulta
  • Maior

 

Áreas de intervención

  • Voluntariado e inclusión social.
  • Voluntariado e autonomía persoa.l
  • Voluntariado e infancia e xuventude.
  • Voluntariado e cooperación.
  • Voluntariado Ambiental.
  • Voluntariado Cultural.
  • Voluntariado Cívico.