Ir o contido principal

Mausoleo Cemiterio de Cangas

Mausoleo Cemiterio de Cangas

[1899-1901]

Obra moi cargada e posiblemente a máis lograda de Cerviño. É a tumba de Don Joaquín Francisco Graña e Bernardo Fandiño. Posúe uns finísimos panos que parece imposible que se poidan lograr e realizar en granito. Esveltísimas columnas salomónicas. Pode considerarse tamén unha obra de estilo ecléctico. Foi realizado nos anos 1899-1901.