Lugar Igrexario, 2. 36947 - Coiro
[Século XVII]
O templo encóntrase no lugar O Igrexario. Posúe unha espléndida fachada do século XVIII realizada polos irmáns Novas, onde destaca poderosamente unha rutilante torre cunha rica ornamentación barroca, inspirada nun estilo compostelán.
O primeiro que chama a atención na súa magnificencia é o seu tamaño, acaso esaxerado en comparación co resto da igrexa, pero que ten a súa explicación no padroado que sobre ela exerceron os marqueses de Santa Cruz de Rivadulla.
Ademais dende o privilexiado lugar que constitúe o adro parroquial, divísanse unhas preciosas vistas de todo o val e da ría de Vigo


