Ir o contido principal

Miradoiro Balcón do Rei

Mirador Balcón do Rei

Área de descanso con merendeiro en zona arborizada con asador, fonte e miradoiro (subindo un tramo de 100 metros de escaleiras). A uns 150 metros atópase o Petroglifo do Pinar do Rei, con acceso só a pé. Dende o miradoiro, temos vistas de todo o centro de Cangas e das parroquias de Coiro e Darbo.

Para chegar:

  • En coche. Saíndo de Cangas pola Avenida de Bueu dirección Bueu pola PO 551. Seguir esta estrada 3 km ata atopar o indicativo a man esquerda con indicación aos institutos IES María Soliño e IES Monte Carrasco. A continuación  coller o segundo desvío á man dereita, costa arriba ata chegar ao aparcadoiro.