Ir o contido principal

Patrimonio etnográfico

O patrimonio etnográfico da vila atópase esparexido polo seu territorio municipal, sendo unha representación a escala do patrocinio galego. Os elementos que definiron a vida, o traballo, a arte e as costumes todavía perduran neste territorio.

Destacable é o estilo construtivo popular das casa de patín típicas do municipio e das cales quedan un bo número na zona vella. Estas construcións teñen a característica do seu acceso exterior mediante unha escaleira encastada, o patín. Hai tamén numerosas casas brasonadas, así como hórreos, petos de ánimas, pombares, fontes, unha trintena de cruceiros e unha ducia de capelas.

Tamén na rúa Real se poden atopar vellas mansións fidalgas cos seus escudos de armas, así como impresionantes edificacións de finais do século XIX e principios do XX, con graníticas fachadas e brancas e alegres galerías. Hai esculturas relevantes xa de época actual en varios puntos do municipio como O Coloso de Raúl Velloso ou a Caracola de Lito Portela entre outras.