[Século XVIII]
Interesantísima obra da arquitectura popular galega, do século XVIII.
O seu estilo é barroco de placas. Nunha inscrición consta do ano 1760.
Ten un testeiro interior de pedra cun gran escudo tallado.
A cuberta é de madeira a tres augas, soportada polo testeiro a dúas columnas.
Tella do país como material de cubrición.
Este lavadoiro atópase situado detrás da casa reitoral, accedéndose por un pequeno camiño e é de uso público.