Trátase dunha das casas mellor conservadas, tanto exterior como interiormente. Casa do S. XIX, de estilo neoclásico tardío, ten tres balcóns e está acabada nunha bóla da que recibe o nome.
Propiedade dunha familia adiñeirada, no interior conserva a estrutura orixinal da vivenda, e na primeira planta inda está o espazo que conformaría a cociña coa cheminea. Na parte alta do frontal conserva un reloxo e un pequeno palmar.
Nos anos 80 sufriu un importante incendio que tivo como consecuencia o abandono do inmoble por parte dos seus propietarios, e a posterior compra e rehabilitación polo concello destinándoa a fins sociais (actualmente acolle a oficina de turismo e AFAMO na planta baixa, sede de ADICAM na primeira planta e Asociación Púrpura na segunda planta)