Ir o contido principal

Barrio do Outeiro

Barrio Outeiro

No barrio do Outeiro e no do Costal, é onde se producen os primeiros asentamentos de casas no s. XII.
 
O trazado é irregular debido á orografía, pois está levantado sobre unha gran rocha.

Quedan zonas antigas nas que se pode apreciar a rocha viva no chan, como na subida a Síngulis, na Berbetaña e no propio Outeiro. É polo tanto o barrio máis vello e máis alto, de aí o seu nome, desde o que pode ver ata a punta de Rodeira, a pesar das novas construcións que tapan e afean o barrio.

As casas eran moi pequenas e foron construídas unhas pegadas ás outras para así aproveitar as medianeiras en busca dunha maior protección.

Pódense ver as "casas pincho", chamadas así polos tellados con formas agudas.