Ir o contido principal

Faro de Punta Subrido

Faro de Punta Subrido
Dirección O Hío

É o terceiro dos faros que regulan a entrada de embarcacións na ría de Vigo en dirección sur. Moi similar ao faro de cabo Home, este distínguese porque ten dous pisos en vez de tres como o anterior. A torre é cilíndrica, en cor branco e coa base de cor azul. Mide 13 metros e está construído a 53 metros sobre o nivel do mar. A súa luz ten un alcance de 10 millas.