Ir o contido principal

Faro de Cabo Home

Faro de Cabo Home

Este faro atópase na punta de Cabo Home, a parte máis occidental da península do Morrazo. É cilíndrico e de cor branca. É unha das torres baliza máis altas de todo o litoral galego. construído no ano 1853, con 18 metros de altura e unha luz que alcanza os 12 km. Sinala a entrada de ría de Vigo entre as Illas Cíes e a Costa da Vela.

A densa néboa que invade a costa frecuentemente provocou que desde 1888 o faro contase cunha sirena á que se lle puxo o alcumo da “Vaca de Fisterra”, como a do mítico faro de Costa da Morte, para avisar aos navegantes do perigo existente.

Camiñar pola contorna do faro é unha invitación a mesturarse coa natureza en estado puro.