Ir o contido principal

Cangas forma parte da “Red Española de ciudades Saludables”

A Rede Española de Cidades Saudables é a Sección da Federación Española de Municipios e Provincias adicada á promoción e protección da saúde e o benestar dos cidadáns, en concordancia cos principios de actuación correspondentes ao proxecto «Healthy Cities», da Organización Mundial da Saúde.
 

Dende a súa constitución no ano 1988, a Rede Española de Cidades Saudables centrou as súas actuacións nas seguintes liñas:
 

• Asegurar a intercomunicación das cidades participantes en materia de promoción e protección da saúde.
• Asegurar o mantemento dos contactos interinstitucionais.
• Fomentar a colaboración e a acción conxunta das cidades participantes en materia de promoción e protección da saúde.
• Axudar ás cidades participantes a desenvolver modelos operativos de promoción e protección da saúde na comunidade.
• Establecer criterios de avaliación e indicadores unificados que permitan avaliar as actuacións da promoción e protección da saúde.
• Establecer recomendacións orientadas á inclusión dos procesos de calidade nas actuacións de promoción e protección da saúde.
• Manter contactos cos demais proxectos de cidades saudables no noso país, noutros países e coas redes nacionais, así como coa Rede Europea.
• Difundir a información relevante sobre a Rede Española de Cidades Saudables, as Redes Autonómicas e a Rede Europea.
 

O Concello de Cangas uniuse a rede co obxetivo de poder achegar mais información e recursos a veciñanza na promoción e protección da saúde.

Mais información: http://recs.es/

Cangas forma parte da “Red Española de ciudades Saludables”