Ir o contido principal

25N

25N

 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

A falta de poder convocar actividades multitudinarias pola actual situación da crise sanitaria, todas as actividades programadas terán formato online.


Organizouse un programa que busca concienciar e implicar a veciñanza nesta loita, pero, especialmente a xente moza para que aposten por relacións máis xustas e equitativas.

Día 1-30 de Novembro: ALERTA VIRUS!. NON TE CONTAXIES POLO PATRIARCADO: unha Campaña dixital dirixida á mocidade. A campaña, componse de seis micro vídeos informativos e de concienciación sobre as violencias machistas dixitais, para ser empregados e difundidos por redes sociais.

Día 25 de Novembro: Ao longo da xornada poderase visualizar diferentes vídeos dentro da Campaña "Apúntate ao bo trato" levados a cabo por diferentes centros eductivos do Concello.

  • Ás 12:00 hs Animamos a toda a veciñanza a secundar 1 minuto de silencio nos espazos públicos.

     

E durante toda a xonrada do 25 N :

FAI PÚBLICO O TEU COMPROMISO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS!

Descarga aquí o material, personaliza os teus perfís e dispositivos táctiles, e sube unha foto cos hashtag:

#EnNegro2020 #EnNegro  #ContraAsViolencias  # GaliciaEnNegro   #CangasEnNegro etiquetando a @ConcelloCangas