Ir o contido principal

Oficina Técnica Municipal

A oficina técnica municipal do Concello de Cangas é a encargada de planificar e organizar as actividades a levar a cabo pola sección de Obras e Servizos en función das necesidades e prioridades detectadas, distribuíndo as tarefas a realizar polo persoal ao seu cargo en función das necesidades do servizo e as cargas de traballo. Ademais, deben supervisar e controlar a correcta execución das actividades desenvoltas pola sección de Obras así como o control de persoal.


Tarefas:

  • Dirección técnica do departamento.
  • Recepción e xestión de incidencias, queixas e reclamacións.
  • Distribución de tarefas do persoal.
  • Planificación e organización das brigadas.
  • Estudo e planificación das obras a executar polo Concello.
  • Elaboración de proxectos técnicos de obras civís.
  • Dirección facultativa das obras de iniciativa municipal.
  • Seguimento dos contratos que teñen por obxecto a execución de obras, servizos ou subministracións.
  • Elaboración de informes ou documentación requirida por outros departamentos con asuntos relacionados coas tarefas propias da área.