Ir o contido principal

DOG Nº 230_SERGAS - APERTURA LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL ESTATUTARIO CELADOR/A_ACCESO DISCAPACIDADE INTELECTUAL

📌SERGAS publica RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo de inscrición de aspirantes nas listas de selección temporal de persoal estatutario da categoría de celador/a, polo sistema de acceso reservado a persoas que acrediten unha discapacidade intelectual.

👉 Discapacidade intelectual: para a acreditación deste requisito o/a aspirante deberá presentar copia compulsada do documento oficial polo que se lle recoñeza a condición legal de persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento e

o ditame técnico facultativo que acredite o recoñecemento dunha discapacidade intelectual

👉 Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde o día 16 de novembro de 2020 ata o 15 de decembro de 2020, ambos incluídos. Os méritos computables serán os causados ata o 30 de novembro de 2020, que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.