Ir o contido principal

DOG Nº 229_CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - APERTURA DE NOVAS LISTAS PARA INCORPORACIÓN DE SOLICITUDES: PSX e XEROCULTOR/A

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX) e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de xerocultor/a (subgrupo C2).

O prazo para presentar as instancias comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 20 de decembro de 2021, de acordo co establecido no artigo 6.1 do Decreto 37/2006.

Taxas 1. De conformidade coa Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exencións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, o importe das taxas que se deberán aboar en concepto de dereitos de inscrición ascende a 18,04 euros. EXENTAS/OS: 

Do importe total da taxa:

a) As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

b) As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Do 50 % do importe da taxa:

a) As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

b) As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

c) As vítimas do terrorismo, entendendo por tales as persoas que teñan sufrido danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme ou en virtude de resolución administrativa pola cal se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa con quen convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN: