Ir o contido principal

CONCELLO DA ESTRADA: ELABORACIÓN DUNHA LISTA RESERVA DE TRABALLADORES/AS SOCIAIS (PERSOAL LABORAL TEMPORAL)

O CONCELLO DA ESTRADA PUBLICA AS “BASES XERAIS DA CONVOCATORIA DE ELABORACIÓN DUNHA LISTA RESERVA DE TRABALLADORES/AS SOCIAIS (PERSOAL LABORAL TEMPORAL) PARA O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO.

As persoas que desexen participar nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ao alcalde do Concello da Estrada. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais da persoa solicitante, o seu enderezo e a denominación da praza convocada a que opta. Farase constar expresamente que se reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda da convocatoria, para o que cumprirá achegar a seguinte documentación compulsada:

1. Unha fotocopia do documento nacional de identidade

2. Fotocopia do título requirido.

3. Fotocopia do carné de conducir.

4. Xunto coa solicitude deberá presentarse folla de autobaremación, segundo modelo que figura como Anexo II destas Bases. A autobaremación realizarase conforme á valoración de méritos contida no baremo que figura na cláusula sétima destas bases.

5. O certificado acreditativo do coñecemento da lingua galega, de posuílo (Celga 4 ou equivalente).

6. O xustificante do pagamento das taxas de inscrición. A cantidade que se deberá aboar será de 20,00 €, que se pagarán na Tesourería Municipal ou a través do seguinte número de conta bancario da entidade BBVA: ES17 0182 6246 3202 0036 0191. No xustificante de ingreso terá que figurar o DNI da persoa candidata á praza. Non obstante, no Rexistro Xeral do Concello da Estrada facilitaráselles ás persoas interesadas un modelo de solicitude redactado segundo se recolle no anexo das presentes bases.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días NATURAIS, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra. Deberá publicarse tamén no taboleiro de anuncios da sede electrónica e na páxina web do Concello da Estrada, aestrada.gal, e nun dos diarios de maior difusión na comarca.

Segue a ligazón para obter máis información