Ir o contido principal

BOPPO Nº 83_CONCELLO DE MEIS - CONVOCATORIA PROCESO SELECCIÓN CONTRATACIÓN ORDENANZA E FORMACIÓN LISTAXE DE AGARDA

CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN INTERINA, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, DUNHA PERSOA NA CATEGORÍA DE ORDENANZA E A FORMACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA NA MESMA CATEGORÍA, DO CONCELLO DE MEIS.

Na Resolución de Alcaldía 2022-0162 do 20/04/2022, aprobáronse as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para a contratación interina dunha persoa na categoría de ordenanza e a confección dunha listaxe de reserva na mesma categoría mediante o sistema de concurso oposición libre.

O período de presentación de solicitudes será de quince días naturais a contar dende o seguinte ao do publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello (https://meis.sedelectronica.gal).