Ir o contido principal

BOPPO Nº 66_CONCELLO DE TUI_PROCESO SELECCIÓN NOMEAMENTO INTERINO DE AUXILIAR DE ARQUIVO DE BIBLIOTECA E FORMACIÓN LISTA DE AGARDA.

BOPPO Nº 66_CONCELLO DE TUI, publica:

⭐PROCESO DE SELECCIÓN PARA NOMEAMENTO INTERINO DE AUXILIAR DE ARQUIVO E BIBLIOTECA E FORMACIÓN LISTA DE RESERVA CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS PARA A COBERTURA INTERINA DA PRAZA DE AUXILIAR DE ARQUIVO E BIBLIOTECA GRUPO C, SUBGRUPO C-2 E CONSTITUCIÓN DE LISTA DE RESERVA, PROCESO EXPEDIENTE 436/2021.

✍As instancias polas que se solicita formar parte no proceso selectivo, dirixiranse ó alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 16.4º da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de dez días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra.

📋As bases íntegras, publicaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Tui (http://concellotui.sedelectronica.gal ) e na súa páxina web, www.tui.gal.