Ir o contido principal

BOPPO Nº 222_CONCELLO DE TUI - CONVOCATORIA DE PROCESO DE SELECCIÓN PARA FORMACIÓN LISTA DE RESERVA DE PROFESORES DO CONSERVATORIO E/OU ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE TUI, NA ESPECIALIDADE DE PIANO E LINGUAXE MUSICAL

O CONCELLO DE TUI PUBLICA A CONVOCATORIA DE PROCESO DE SELECCIÓN PARA FORMACIÓN LISTA DE RESERVA DE PROFESORES DO CONSERVATORIO E/OU ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE TUI, NA ESPECIALIDADE DE PIANO E LINGUAXE MUSICAL.

Con data 11 de novembro de 2021, aprobáronse, por resolución da concellería delegada de persoal, as bases e convocatoria do proceso de selección para a confección de listaxe de reserva para contratacións temporais de prazas de profesor/a do conservatorio e/ou na escola de música de Tui na especialidade de piano e pedagoxía musical, co fin da cobertura de baixas, substitucións temporais e similares.

As instancias polas que se solicita formar parte no proceso selectivo, dirixiranse ó alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 16.4º da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 10 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra.

As bases íntegras, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Tui (concellotui. sedelectronica.gal) e na súa páxina web, (www.tui.gal).