Ir o contido principal

BOPPO Nº 179_CONCELLO DE PONTEAREAS - REAPERTURA CONVOCATORIA LISTAS SUBSTITUCIÓN VARIAS PRAZAS

APERTURA NOVA CONVOCATORIA PRESENTAR SOLICITUDES LISTAS DE SUBSTITUCIÓN OFICIAL 3º OFICIOS VARIOS, PEÓNS E VIXIANTES

Con data 11 de agosto de 2022 aprobouse mediante Decreto núm. 2022-1673, a reapertura da convocatoria para presentar instancias no prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin da confección da listaxe de reserva para para nomeamentos como funcionarios interinos e contratacións laborais temporais na categoría de Oficial 3ª/Oficios Varios, Peóns e Vixiantes no Concello de Ponteareas e refundila coa lista xa existente.

As bases están publicadas íntegras no taboleiro electrónico do Concello de Ponteareas e na páxina web www.ponteareas.gal, apartado de Oferta de Emprego Público.

REAPERTURA CONVOCATORIA PARA PRESENTAR INSTANCIAS LISTA SUBSTITUCIÓNS DE NOMEAMENTOS FUNCIONARIO INTERINO NA CATEGORÍA DE ADMINISTRATIVO

Con data 18 de agosto de 2022 aprobouse mediante Decreto núm. 2022-1703, a reapertura da convocatoria para presentar instancias no prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin da confección da listaxe de reserva para para nomeamentos como funcionarios interinos na categoría de Administrativo para cubrir prazas de administrativos de administración xeral integrados no grupo C, subgrupo C1, no Concello de Ponteareas e refundila coa lista xa existente, na que a orde de prelación virá determinada pola puntuación obtida por cada aspirante en calquera das anteriores convocatorias.

As bases están publicadas íntegras no taboleiro electrónico do Concello de Ponteareas e na páxina web www.ponteareas.gal, apartado de Oferta de Emprego Público.