Ir o contido principal

Programa integrado de emprego (PIE)

Estes programas de emprego están dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego e contemplan a posta en marcha de plans integrais que combinen accións tales como información, orientación e asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral, mobilidade xeográfica, e neles establécense uns obxectivos cuantitativos previstos de inserción laboral das persoas participantes.

A convocatoria dos programas integrados de emprego permite ás entidades beneficiarias a flexibilidade para deseñar e desenvolver esta variedade de accións á medida das súas necesidades, podendo contar co persoal que consideren axeitado para a súa execución.