Bibliotecas Rurais de Cangas
XVIII Concurso de Postais de Nadal. 2024
![Bibliotecas Rurais. Concurso Postais de Nadal 2024](/sites/default/files/styles/large/public/2024-12/cartaz%20nadal%202024.png?itok=U3acGicE)
XVIII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Bases:
- - Destinatarios/as: Establecerase unha única categoría para nen@s de idades comprendidas entre os 3 e os 15 anos
- - Postais: Versarán sobre o Nadal, e farase alusión á biblioteca e á lectura . Todas as postais deben ir identificadas na súa parte traseira cos datos persoais do participante (nome, apelidos, dirección, idade e teléfono).
- - Formato e materiais: O formato a presentar será en cartoliña A4 de cor ou branca
- -Presentación dos traballos Cada participante poderá entregar unha única postal.
- -Entrega das postais: O prazo de entrega establécese do 1 de decembro ao 18 de decembro do 2024
- -Exposición: As postais estarán expostas na Biblioteca dende a súa presentación ata o día de entrega de premios.
- -Premios Haberá unha postal gañadora en cada Biblioteca. Cada gañador recibirá un lote de libros . As persoas gañadoras daranse a coñecer o 10 de xaneiro do 2025 . De entre as catro postais gañadoras, seleccionarase unha, e ésta será a imaxe do cartel que anuncie a seguinte edición do concurso.
- -Propiedade: O Concello de Cangas resérvase a posibilidade de publicar as obras presentadas a concurso no momento que considere convinte. Neste sentido o autor ou a autora renuncia a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autoría, e o exemplar que entregue da súa obra quedará en propiedade do Iltmo. Concello de Cangas.
- -A participación no concurso implica a plena aceptación das bases
- -A organización resérvase o dereito a cancelar o concurso ou resolver os imprevistos sen estar obrigado a comunicarllo previamente aos participantes.
- -Máis información en www.bibliotecasmunicipaisdecangas.blogspot.com , no perfil de facebook e instragram
Para calquera dúbida contacta coa túa biblioteca
- Log in to post comments