🌿 Queres axudarnos a facer soar as palabras do Morrazo?
Son SON · Sonodramas do Morrazo é un proxecto sonoro-performativo que chegará a Cangas no Mes das Letras Galegas para escoitar o territorio e descubrir como soa a nosa memoria colectiva.
Buscamos palabras galegas propias do Morrazo para nomear os sons do mar, do vento, da chuvia, dos animais ou da vida cotiá. Pequenos tesouros da lingua que, coas vosas achegas, formarán parte dunha creación sonora colectiva e de novas accións públicas abertas á veciñanza.
👉 Participa e comparte as palabras que lembras ou que aínda usas!
Iniciativa da Asociación Cultural Arborar en colaboración co Concello de Cangas e o Servizo de Normalización Lingüística.
Moitas grazas pola vosa colaboración 💛
- Log in to post comments
Ligazóns



