PUNTO DE INFORMACIÓN TURÍSTICA O PEIRAO
O Servizo de atención e información do Punto de Información Turística O Peirao do Concello de Cangas, situado na estación de autobuses, foi adxudicado á empresa Supernova Asistencias S.LU, grazas a subvención da Deputación de Pontevedra para o financiamento dos custos da prestación de servizos de información e atención ao publico en oficinas de turismo adheridas a rede de oficinas de turismo Info Rías Baixas.
Esta medida permitirá atender ás consultas de veciños e visitantes durante a tempada estival 2025 ata o 12 de outubro, para volver abrir no Nadal, mes que o pasado ano 2024 superou en número ás consultas de xuño, confirmando a tendencia a alza dos visitantes neste ultimo mes do ano.
Ademais a empresa adxudicataria ofertou melloras consistentes en :
-
-
- Realización dunha visita semanal ao CASCO ANTIGO todos os venres ás 11:00h.
- Realización dunha visita semanal a CRUCEIRO DO HÍO todos os luns ás 13:00h (con inscrición previa).
- Realización dunha visita quincenal os luns ás 10:00h ao MONTE DO FACHO (con inscrición previa).
-
- Log in to post comments



