Ir o contido principal
Listaxes Definitivas

ENREDOS DE VERÁN 2024

FacebookTwitterShare
ENREDOS DE VERÁN 2024

INFORMACIÓN PROGRAMA ENREDOS DE VERÁN 2024

 

O  luns 24 de xuño dará inicio o programa de conciliación “Enredos de Verán 2024”.

Partillamos as liñas básicas para dar inicio a actividade, unha vez comezada, poderedes resolver tódalas dúbidas co monitorado que lle corresponda a cada participante.

Cada neno/a deberá estar o día que comece a súa quenda no Centro escolar asignado.

  • NAZARET: Entrada: 9.00 a 9.30 Saída: 13.30 a 14.00 Portal de Rúa Real*
  • ESPIÑEIRA: Entrada: 9.00 a 9.30 Saída: 13.30 a 14.00 Porta do Pavillón*
  • SAN ROQUE: Entrada: 9.00 a 9.30 Saída: 13.30 a 14.00 Porta Colexio *

* A partires das 8.30  e ata as 14.30 se solicitou ampliación de horario por Conciliación

As familias deberán comprobar diariamente os cartaces que se expoñen nos portais de acceso, que serán os puntos da información relevante para a semana.

 

RECOMENDACIÓNS BÁSICAS:

  • Roupa e calzado cómodo
  • Crema solar, aplicada na casa e tamén na mochila para facer un reforzo a media mañán
  • Os de infantil e 1º de primaria poden deixar unha bolsa cunha muda no centro (tanto a bolsa como o contido deberá estar marcado co seu nome)
  • As saídas son para tódolos nenos e nenas.
  • Asinarase unha única autorización para tódalas saídas, serán as familias as que deben comunicar que NON asistirán e que renuncian a actividade dese día.
  • Nas saídas vestirase camiseta branca para facilitar a identificación do grupo.
  • E preciso levar auga e merenda tódolos días.
  • Calquera actividade e susceptible de cambios segundo a previsión meteorolóxica

 

Esta información é xenérica para os/as participantes en Enredos de Verán. Cada neno e nena deberá asistir nas quendas solicitadas na inscrición.

 

TELÉFONO DE CONTACTO PARA URXENCIAS: 986392171