Ir o contido principal

E TI.... DE ONDE VÉS SENDO ?

FacebookTwitterShare
Cartel

Desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cangas (SNL) poñemos en marcha unha iniciativa de dinamización lingüística dirixida ao alumnado e ás familias. O cartel que atoparedes nos centros, baixo o lema “E ti… de onde vés sendo?”, emprega expresións propias de Cangas e do Morrazo, co propósito de poñer en valor a nosa fala local e a riqueza lingüística da comarca.

A través do código QR pódese acceder a un quiz interactivo no que as persoas usuarias responden preguntas sinxelas sobre expresións típicas da zona. Trátase dunha actividade pensada para fomentar a reflexión positiva sobre o uso do galego, reforzar a súa presenza na comunidade educativa e promover conversas divertidas que reforcen a identidade e sentido de pertenza arredor da nosa fala.

Cartel