Parabéns Teresa Portela!

PARABÉNS TERESA PORTELA!
Por obter, nada máis e nada menos, a SEXTA clasificación olímpica, un récord máis que merecido e que hoxe queremos celebrar. Todo un exemplo de lenda que veremos nos xogos Olímpicos de Tokyo 2021.
Por iso, dende a Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns, por se converter na deportista española con máis participacións nuns Xogos Olímpicos (2000-2004-2008-2012-2016-2021).
Xa non nos quedan cualificativos que poidan resumir e destacar a traxectoria de Teresa a que lle desexamos toda a sorte do Mundo nesta nova oportunidade olímpica.
O CONCELLEIRO DE DEPORTES
EUGENIO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
- Log in to post comments